Opinión por Serafín Valladares Guimeráns | O mito da caverna

Publicado por o día 20/08/2019 na sección de Opinión,Opinión por Serafín Valladares Guimeráns

Opinión por Serafín Valladares Guimeráns | O mito da caverna

Lembrando a Platón e ao seu mito da caverna , que forma parte dunha teoría de moitas, do libro A República, vénme á cabeza o SR . Torra, que case seguro moi pronto estará co seu querido amigo, Carles Puigdemont, gozando da vida en Europa e cobrando un bo soldo, iso si dando conferencias e vivindo igual que un maharajá, a conta do Estado Español, xa que, á fin e ao cabo, é o que lle paga a estes señores.

E é que como di o famoso mito da caverna, os que están na cova encadeados dende toda vida e coa fogueira detrás vendo sempre a súa sombra na parede, encadeados e proxectados na mesma, failles vivir nun mundo ficticio, é dicir nunha realidade imaxinaria, onde só hai luces e sombras, iso se as que a eles, lles interesa ver.

Sinceramente coido,  que o que está a pasar neste país, é moi grave e isto parece que leva sucedendo desde miles de anos, no mundo enteiro, sempre hai algúns, que manexan os fíos e manipulan á xente como marionetas. Estes son os líderes dos grandes partidos, por norma, aínda que en moitas ocasións, as circunstancias, son máis graves que noutras; aquí temos o caso Catalán, que día a día enche os medios de información de todo tipo e en moitos casos, dependendo do mesmo, máis ben de, desinformación, segundo o interese que en cada momento requira o obxecto desexado.

Agardemos que o sangue non chegue ao río, xa que por desgraza, sempre sangran os mesmos  é dicir o pobo, si o mesmo pobo que foi manipulado, mentres estes novos revolucionarios de pastel e que algúns chegaron a comparar con, “Ernesto  Che  Guevara ”, non son máis que uns covardes e así o están demostrando, non hai máis que ver o que fixo Puigdemont e toda a banda que se foi con el, deixando no cárcere aos seus compañeiros.

Para despedir este pequeno artigo, dicir que todos os que teñan un cargo público, desde por exemplo, presidente dunha comunidade para arriba, tería que pasar un exame psicolóxico, desta forma polo menos estaremos seguros de que non cheguen máis tarados ao poder e é que só lembrar a Hitler , Mussolini, Stalin, Lenin, Mao Tse- Tung e Margaret Thatcher, pero sen esquecer algúns dos que foron presidentes do estado de Israel (antes Palestina), así como unha infinidade de tolos dá medo, e agora o pato “Donald ”ou non ?.

Isto é todo amigos…….

Comentar noticia

Your email address will not be published.