Opinión por Serafín Valladares Guimeráns | Os fillos de “Ogino”

As décadas dos anos 70 e 80 foron quizais cando máis naceron estes, era o que había a maioría da mocidade usabamos o chamado método de “Ogino”, para ter relacións sexuais, máis ou menos seguras aínda que como é normal bastaba con ter un pequeno erro e de súpeto es pai ou nai sen poder evitalo, xa que aínda acababamos de saír da Ditadura e non existía a agora famosa pastilla do «día despois», nin os métodos anticonceptivos e abortar en España nin de broma, aínda que había xente máis informada que os mozos de feito por 20.000 das antigas pesetas moita xente con diñeiro (cousa que non abundaba) podía permitirse o entón luxo de gastar ese diñeiro indo a Portugal a Dr “X”( Especialista en Doenzas de Mulleres ), o certo é que nesa época naceu unha gran xeración dos que denominou  fillos/as de “Ogino” e houbo moitos matrimonios case forzados e que a maioría hoxe en día están moitos separados e outros divorciados.

Unha cousa é certa desa xeración dos fillos/as de “Ogino” non foi unha xeración perdida,  a maioría rematou unha carreira ou esta traballando, obviamente refírome aos que eu coñezo sobre todo na “Península do Morrazo”.

Dende os anos 90 todo cambiou a mocidade conta con toda a información que necesita para non cometer os mesmos erros porque non é menos certo que naquela época, moitos pais e nais desa xeración perderon o poder acabar os seus estudos e carreiras, a casar e ter que poñerse a traballar para sacar adiante aos fillos/as desa xeración.

Agardo qué esta nova mocidade non cometa o mesmo erro.

Son veciño de Cangas, cursei os meus estudos no Colexio Público de Espiñeira Aldán, Instituto de Rodeira (Cangas) e no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico (Vigo). Son ex-xogador de voleibol e adestrador.

Actualmente: Fotoxornalista e activista, defensor dos dereitos humanos, procurando que a clase política cumpra as súas promesas. No paro, debido a un accidente e cun grao de minusvalía dun 73%.

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario