Opinión por Serafín Valladares Guimeráns | Os perigos dos “Trols e as redes sociais”

Publicado por o día 23/08/2019 na sección de Opinión,Opinión por Serafín Valladares Guimeráns

Opinión por Serafín Valladares Guimeráns | Os perigos dos “Trols e as redes sociais”

Sen ningunha dúbida hoxe en día , case todo o mundo ten unha conta nalgunha das moitas plataformas que existen nas redes sociais , e en moitas ocasións , por desgraza hai xente con perfís falsos (que particularmente denominarei como, troll, é un termo noruegués que menciona a unha criatura mitolóxica. Na nosa lingua, a escritura correcta da palabra é trol), esta xente que usa eses perfís, adoitan facelo case sempre por algún que outro motivo que deixa, en dúbida a opinión que poida dar este Trol, xa que se se oculta para facelo por exemplo en cousas que sen ser relevantes, nin de demasiada importancia, sí poden facer dano a xente máis sensible e que ao final nada pode facer  “razoando”, xa que ao primeiro instante que lle leves a contraria, o que adoitan usar é o insulto e cara a quen o fai e en moitas ocasións, descualifican e usan unha total falta de «ética» coa que xa mostra a verdadeira cara deste tipo de personaxes que son máis que sinistros, amparándose en que a súa identidade esta oculta baixo ese falso perfil, obviamente sempre adoitan saber onde está o limite, en caso contrario hoxe en día imaxino que haberá un grupo de elite nas nosas forzas de seguridade para protexernos deste tipo de personaxes sinistros, cando pasan a fronteira do permitido.

Dende o meu punto de vista o perigoso de verdade é a nosa mocidade que á fin e ao cabo son o noso futuro e xa nace con todo isto incrustado e ultimamente están a pasar cousas moi graves como todos sabemos, acosos a mozas, tentan ter controladas ás súas parellas e cada día que pasa faise moito máis habitual, só con ver os medios de comunicación aínda  que podemos aprecialo un día si e outro tamén no entorno onde vivimos .

Temos que protexer á nosa mocidade e isto sinceramente hai que facelo con moita brevidade cada día que pasa é un tempo precioso que perdemos unha das bases para isto é a educación que ultimamente está a ser abandonada tanto polo estado e peor aínda polo pais  que consentimos e damos aos nosos fillos todo o que piden, si , ás veces temos que aprender a dicir non isto non e é que unha criatura de 6 , 7 , 8… anos non pode estar cun móbil ata a tantas da madrugada así non vai render ao día seguinte nos estudos , non sei a solución , pero o problema aí está; casos de acoso, malos tratos e unha infinidade de cousas que só se poderán evitar dunha forma e non é outra que non consentir tanto á nosa mocidade temos que educala para que poidan saír adiante e o día de mañá poidan chegar a ter un futuro digno. Senón imos  ter  a maior xeración de “ NI- NIS ” da historia deste país.

Una respuesta para "Opinión por Serafín Valladares Guimeráns | Os perigos dos “Trols e as redes sociais”"

  1. Gamela   24/08/2019 at 21:55

    O trol é connatural ás redes sociais (e non son os peores) cando o propietario da rede social hexemónica no mundo é o Primeiro Gran Mentiroso!
    https://i.gal/FalsasRedes

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.