Opinión por Serafín Valladares Guimeráns | Sen socorristas

Publicado por o día 14/09/2019 na sección de Cangas,Galicia,Opinión,Opinión por Serafín Valladares Guimeráns

Opinión por Serafín Valladares Guimeráns | Sen socorristas

Tódalas praias de Cangas quedaron dende o 12-09-2019 sen Socorristas.

Bueno, todas excepto a praia de Rodeira que está en pleno Cangas e contará con socorristas,  segundo informacións de última hora terá servizo esta fin de semana e o próximo, unha forma máis de discriminar ás parroquias de Hío e Aldán e ás aldeas do resto da urbe.


Parece que pola forma de actuar este goberno que preside o Sr Xosé Manuel Pazos Varela, non ten escrúpulos nin ética algunha, está a gobernar coma se tivese unha gran maioría e facendo o que fan os ditadores, só goberna para uns poucos, é que os veciños/as de Hío e Aldán non pagan impostos?

Agardemos que durante estes días de verán que imos ter en pleno setembro non haxa ningunha desgraza, polo ben de todos, xa que caso de habela só hai un responsable, e non é outro que o Sr alcalde e os sete magníficos (así se lles coñece xa en todo o concello de Cangas polos veciños/as). O certo é que é do que máis se fala nos bares, que non son poucos, xa se sabe, “Bares … que lugares”, como di o retrouso da famosa canción de Gabinete Caligari (Á calor do amor nun bar).

Varios veciños de Nerga e de O Hío , despediron cuns petiscos e un bo viño , aos socorristas que estiveron de garda este, último día no Chiringuito de “Marcial “en Nerga. Esta fin de semana e o próximo agardase un cheo nas praias de todo o Morrazo, onte varios bañistas tiveron que ser atendidos nos Bares e Chiringuitos de Nerga por varias picaduras de fanecas bravas.

Remato  dicindo o que xa é o colmo a única lancha que teñen os socorristas non ten nin permiso para poder facer as súas tarefas habituais. En fin, peor imposible.

Posdata . A 1 foto é da última baixada de Bandeira , este pasado Xoves en Nerga.

Comentar noticia

Your email address will not be published.