Opinión por Serafín Valladares Guimeráns | Solución xa ao conflito no peirao Aldán

Publicado por o día 14/10/2019 na sección de Opinión,Opinión por Serafín Valladares Guimeráns

Opinión por Serafín Valladares Guimeráns | Solución xa ao conflito no peirao Aldán

Parece que logo da guerra chega a calma, como era previsible.

De momento xa está desmontada a terraza do «Bar El Muelle», ao que recentemente se lle acabou a concesión de 50 anos que tiña, aí van ir como mínimo tres casetas para os mariñeiros, xa dispón de auga e luz  mesmo de baños que poderán ser utilizados polos mariñeiros e no canto de 9 contedores só irán seis pegados á parte de atrás da lonxa os que según parece terán luz ao enganchala do antigo.

«Bar El Muelle», onde irán como dixen unhas tres casetas para os mariñeiros, obviamente os tres contedores que xa están instalados, soamente cambiaranse de lugar e deste xeito ao situalos xunto cos outros tres que virán  e que estaran pegados á lonxa, xa non molestaran a ninguén, nin sacarán as vistas á ría, un dos motivos tamén de discordia entre veciños e mariñeiros. Este pasado Mércores día 10 , o Alcalde de Cangas ata o de agora missing no conflito foi por sorpresa a Santiago a falar coa mismísima Teresa Lenguas.

O certo é que non coñezo a Sra Teresa Lenguas, ao sr Pazos si e ben, ao sr, aínda lembro aqueles longos plenos cando era o portavoz de ACE, empezaba a falar o home non paraba, cada intervención ás veces duraba ata unha hora e ao acabar marchaba a fumar un Ducados mesmo na entrada de Concello, (dou fe, ás veces ía con el, pero claro eu non era nin nunca fun concelleiro) deixando ao Concelleiro/a que ía darlle a réplica falando ao vento.  Así que co apelido que ten a Sra Lenguas e o parlanchín  que é o Alcalde de Cangas seguro que falaron unha chea non sei sí do tema ou do tempo. O certo é que hai que buscar unha solución consensuda e coido que non pode seguir esta discrepancia entre veciños/as de Aldán e os mariñeiros polo ben de todos.

Porque a famosa «mesa de dialogo», só foi unha forma de saír do paso e ao mesmo tempo escurrir o bulto, así funciona a política «y tú más» en Cangas temos un goberno esquerda máis polo xeito de Gobernar cada día que pasa vexo que eso de «esquerda» só é de nome.

Comentar noticia

Your email address will not be published.