Opinión por Serafín Valladares Guimeráns | Xosé Manuel Pazos “Desesperado”

Publicado por o día 22/09/2019 na sección de Opinión,Opinión por Serafín Valladares Guimeráns

Opinión por Serafín Valladares Guimeráns | Xosé Manuel Pazos “Desesperado”

As tácticas do Alcalde de Cangas para buscar aliados non teñen límite, este pasado venres día 20 de Setembro o Concello de Cangas fixo entrega ao Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e ao xefe de Policía Local, Daniel Macenlle, das distincións polo traballo realizado na capital da provincia en seguridade viaria e mobilidade urbana. O certo é que isto á fin e ao cabo non é máis que unha forma de atraer ao BNG de Cangas para que entre no actual Goberno (Ace- Psoe) que está en minoría con 8 Concelleiros as . Non hai máis que ver que ao acto de inauguración do novo parque Infantil tráfico de Cangas foron convidados a Alcaldesa de Moaña e asistiron outros cargos do BNG , mesmo, Merchi Giráldez (portavoz e cabeza de lista en Cangas) e algúns Concelleiros máis e por suposto Protección Civil.

Ata aquí todo ben máis ou menos, pero o certo é que o Sr Pazos como é costume sempre quere ter o protagonismo en tódolos actos así acabou facendo o ridículo ao subir nun Ciclo de pedais con sidecar e animou á Alcaldesa de Moaña que puxo unha cara de circunstancias pero cando se deu xa era tarde todo o mundo que estaba por alí aproveitou para sacar fotos dos dous no Ciclo de pedais.


É incrible que mentres as parroquias están completamente abandonadas, o sr Pazos segue facendo inauguracións poñendo estatuas e sobre todo Teatro iso que non falte nunca, agora un ano máis a celebrar o desembarco Turco en Cangas onde masacran a todo o pobo e a queimar un ano máis a María Soliña, é o que hai, para el é a “Festa en Defensa dá Vila ”. Parece que os Cangueses/as temos catro longos anos por diante  a menos que a oposición en maioría faga algo dunha vez por todas cada día entendo menos á clase política coma senón tivésemos bastante xa coa repetición das eleccións xerais outra vez.

Comentar noticia

Your email address will not be published.