O vindeiro mércores, 19 de decembro, Galiza Nova estara conversando con Xabier Pérez Igrexas, candidato a alcaldía de Vigo nas vindeiras municipais. Terá lugar no Cafe de Catro a Catro(Rúa Girona) en Vigo, a partir das 20:00.
Nesta charla-coloquio analizaran as causas e os motivos do auxe fascista nos últimos tempos como se pode ver reflictido en moitos casos. Tanto a nível europeo coa incorporación de novas forzas políticas neonazis ou neofascistas, os resultados electorais en Andalucía no ámbito do Estado español, e sen ir máis lonxe pola agresión fascista ben recente producida nas rúas do noso país a un compañeiro da organización Galiza Nova.
Por estes, e outros motivos, debateremos tamén sobre as medidas que podemos levar a cabo para frear esta escalada da ultradereita e organizar a resposta antifascista na Galiza, manifestan desde a filial do Bng.
Noticias de última hora en Vigo