Organizan unha charla sobre a Panificadora no día de hoxe as 20:30H

Este martes, 15 de Novembro, a partir das 20:30, achegaremonos unha vez máis a á Panificadora.
Por o 15/11/2016 | Sección: Eventos,Vigo
Organizan unha charla sobre a Panificadora no día de hoxe as 20:30H

Hoxe martes,15 de Novembro, a partir das 20:30, achegaremonos unha vez máis a á Panificadora.

Desta volta centraremonos no “Concurso de Ideas” recentemente convocao polo Concello de Vigo.

Este concurso, restrinxido ao ambito da arquitectura e o urbanismo, será o eixo principal da prometida intervención municipal.

Da man de Uxío Reinoso, activista de Entremos na Panificadora, analizaremos as eivas do concurso, e o xeito en que o Concello está a limitar e menoscabar o dereito da cidadanía a aproveitar e disfrutar este senlleiro elemento do noso rico patrimonio industrial.

Onde sera dita charla?

A cova dos ratos, rúa Romil 3.

Cartaz da charla

charla_concurso_4-1L