Orixinal obradoiro de iniciación ao humor gráfico galego na biblioteca municipal

Publicado por o día 10/01/2019 na sección de Galicia,Ponteareas

Orixinal obradoiro de iniciación ao humor gráfico galego na biblioteca municipal

A concellería de Cultura, que dirixe Hortensia Bautista, organiza un orixinal obradoiro de  iniciación ao humor gráfico galego impartido polo debuxante e Deseñador Pablo Prado, “Fuco”.

Este obradoiro, totalmente de balde, será impartido do xoves 31 de Xaneiro ao venres día 1 de febreiro de 18 a 20 horas na biblioteca municipal de Ponteareas ou no enderezo electrónico [email protected]

Dirixido a persoas maiores de 11 anos tan só ofertará vinte prazas polo que os e as interesadas deben inscribirse na biblioteca municipal  986 66 07 65.

A concellería de Cultura e Turismo ofrece durante todo o ano obradoiros gratuítos tanto nas instalacións municipais do centro urbano como nos centros culturais das parroquias que así o demandaron.

Hortensia Bautista aposta por actividades creativas demandadas pola mocidade e pola veciñanza en xeral e afianza o seu apoio ao fomento da lingua galega en cada unha delas.