Orzamentos 2020: “Tanto circo para tan pouca función” nas contas “pusilánimes” e “falaces” na Consellería de Sanidade

Publicado por o día 29/10/2019 na sección de Política,PSOE

Orzamentos 2020: “Tanto circo para tan pouca función” nas contas “pusilánimes” e “falaces” na Consellería de Sanidade

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, advertiu hoxe que os Orzamentos de Sanidade son “certamente pusilánimes, non inclúen unha transformación do modelo nin unha aposta real pola sanidade pública”. Na comparecencia do conselleiro para presentar as contas do seu Departamento para o próximo ano, criticou “tanto circo para tan pouca función” nunhas contas “decepcionantes”.

Torrado acusou ao conselleiro de contabilizar de forma equivocada as 400 novas prazas anunciadas, incluíndo nelas 72 postos de formación, moi por debaixo das máis de 800 xubilacións que se van rexistrar no próximo ano e que “non están no Orzamento”. Explicou que “se facemos ben as contas e restamos o persoal en formación e o Fondo de Continxencia -incluído de forma anómala no plano asistencial-, en realidade a suba de persoal non existe”.

Denunciou que logo da campaña contra o goberno central, a Xunta non vai aproveitar o maior número de prazas MIR habilitadas da historia, condenando ao persoal sanitario a unha “contratación inestable e precaria”. Explicou que detrás do balance “triunfalista” da Consellería agochan uns Orzamentos “falaces”, que son “mentira” de acordo co Consello de Contas, que sinala partidas deliberadamente mal orzamentadas para forzar alteracións a medio exercicio.

Infraestruturas

Julio Torrado considerou “tristísimo” que a Xunta prometa as mesmas infraestruturas que anunciaba para 2019, como rematar os centros de saúde de Milladoiro e A Estrada, que este ano ademais carecen de partidas concretas. Sinalou o caso do Centro de Saúde de Vilagarcía, que “prométeno, pero non aparece na Memoria nin nos Orzamentos”, ou o de Lalín, que “só o poñen cando goberna o PP” na localidade e esixiulle que “asuman que prometen cousas que non fan”.

Finalmente, criticou a “falla de estratexia” en investigación e coñecemento, cunha redución do 6,65 por cento dos orzamentos, que se acumula ao 5 por cento que perderon no ano pasado, incluíndo a redución do 11 por cento na Axencia de Coñecemento en Saúde –Acis- e o 19,4 por cento menos para a Axencia de Doazón de Órganos –Ados-.

Comentar noticia

Your email address will not be published.