Abel Caballero referiuse tamén este luns ao programa de asesores Covid para a hostalería que desenvolve o Concello na cidade cun custo de 75.000 euros. Desde a súa entrada en funcionamento, os 15 asesores Covid visitaron 672 establecementos e realizaron 250 visitas anónimas de control, detectando “moi boa colaboración en xeral”.
Na valoración desas visitas destaca que 545 establecementos, máis do 80% dos visitados, se atopan no nivel bo ou moi bo de cumprimento da normativa Covid, atendendo á clientela con respecto aos criterios sanitarios criterio Covid; o 94% cumpren a normativa no nivel de regular e soamente un 6% cumpre mal, polo que a “valoración é moi positiva”.
Segundo explicou o rexedor, o nivel de incumprimento máis significativo detéctase na falta de carteis informativos, que non están nun lugar visible ou están desactualizados, non sinalando ben o aforo, de maneira que non se informa suficientemente malia cumpriren a normativa.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.