Os 15 falecementos notificados onte pola COVID19 elevan a cifra de vítimas ata as 1.161 persoas en Galicia

Vigo é a área que máis baixa os seus casos (-51), seguida da Coruña (-39). A de Santiago encabeza a suba, con 23

Galicia continúa reducindo os casos activos de coronavirus por quinta xornada consecutiva. En dúas semanas a cifra de contaxiados no país baixou dos 9.952 aos 8.617, o que son 1.335 menos.

Presión hospitalaria alta, pero estable

A evolución dos ingresados nos hospitais non é tan rápida nin favorable coma a dos casos activos. A cifra de galegos e galegas hospitalizados ascende a 552, dos cales 96 estan nas UCI (-4) e e 456 en planta (-3).

Aínda que o aumento da presión asistencial vén dos últimos meses nesta segunda vaga, o certo é que en Galicia xa había hospitalizados pola covid-19 e xaneiro, segundo acaban de descubrir.

Por desgraza, onte notificouse o falecemento de 15 persoas por mor da covid-19. Con eles, xa van 1.161 vítimas da pandemia, 527 nesta segunda vaga.

Aínda que a cifra é alta, mantense máis ou menos estable, con certa tendencia descendente. Segundo os datos do Ministerio de Sanidade de onte, Galicia é a segunda comunidade coa menor porcentaxe de ocupación de camas UCI do estado español.

Caída das probas PCR

Coma cada martes, cos datos notificados na web do Sergasa cifra de probas PCR volve diminuír respecto ao ritmo xeral da semana. Fixéronse 4.468, o que son 1.675 probas menos ca onte e 2.429 menos ca o martes pasado. É a cifra máis baixa das últimas dúas semanas. A media da última semana é de 6.667 probas.

Das 4.468 foron positivas 327, o que dá unha taxa de positividade de 7,32%, algo superior ás cifras de onte e antonte (5,26% e 6,41%, respectivamente). A media da última semana está en 7,48%, elevada polo pico rexistrado o día 20 (10%).

Por áreas sanitarias, o repartimento de casos activos sería:

• Vigo: 2.209 (-51)

• A Coruña: 1.759 (-39)

• Pontevedra: 1.235 (+1)

• Lugo: 1.108 (+11)

• Santiago: 982 (+23)

• Ourense: 627 (-10)

• Ferrol: 697 (+13)

 

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario