Os abonados xa poden reservar entradas para o partido no Wanda Metropolitano

Publicado por o día 30/08/2019 na sección de 1ª división,Celta,Deportes,Fútbol,Galicia,Vigo

Os abonados xa poden reservar entradas para o partido no Wanda Metropolitano

O RC Celta medirase ao Atlético de Madrid no Wanda Metropolitano o vindeiro sábado 21 de setembro ás 18:30. O club vigués informa aos abonados que estean interesados en asistir a este encontro que xa poden reservar a súa entrada (até esgotar existencias) para a bancada visitante do estadio colchoneiro presentando o seu carné nos despachos de billetes do RC Celta en ABANCA Balaídos.

O custo da entrada é de 50€ e a reserva está dispoñible en exclusiva para abonados do RC Celta ata o mércores 11 de setembro ás 14:00. Os despachos de billetes do estadio permanecen abertas de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.