Os alcaldes de Vigo e de Soria reclaman que os concellos poidan xestionar os fondos europeos

A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) aboga por intensificar a presencia internacional dos municipios españois no ámbito internacional “recuperando espazos que se perderon nos últimos años”. Así o manifestaron esta mañá o alcalde de Vigo e presidente da FEMP e o seu homólogo en Soria, Carlos Martínez Mínguez, responsable, a súa vez, de Relacións Internacionais da Federación.
Por o 15/11/2016 | Sección: Concello de Vigo,Vigo
Os alcaldes de Vigo e de Soria reclaman que os concellos poidan xestionar os fondos europeos

Os alcaldes de Vigo e Soria incidiron esta mañá nunha das cuestións máis importantes para os municipios españois nestes momentos: a reclamación de reformas que incrementen a financiación e o marco competencial das entidades locais.

Logo de manter un encontro na Alcaldía, ambos mandatarios tamén coincidiron na rolda de prensa á hora de avogar por reforzar a estrutura internacional da Federación Española de Municipios e Provincias “para recuperar espazos que se foron perdendo nos últimos anos”, destacou Caballero.

Carlos Martínez Mínguez defendeu o aumento das cuantías e a modificación dos criterios de reparto de fondos de xeito que os concellos poidan xestionalos directamente. Na súa opinión, que os municipios poidan influir no reparto destas achegas “é a única forma de garantir que chegen realmente aos beneficiarios, que son os cidadáns”. Sinalou neste punto que, aínda que os criterios de reparto non se coñecerán ata dentro dun ano, agora é o momento clave para poder influir nese reparto”.