Os asentos de Río Baixo serán renovados no verán para non molestar aos socios

O Concello renovará as butacas durante o verán para non causar molestias aos afeccionados durante esta temporada. Estes traballos serán incluídos dentro da licitación das obras de Marcador, que sairán a licitación “de xeito inmediato”.
Publicado por o día 16/10/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Os asentos de Río Baixo serán renovados no verán para non molestar aos socios

O goberno local mantivo onte pola tarde unha reunión “nun clima moi cordial e de plena cooperación” coa Federación de Peñas do Celta para trasladarlles que aos asentos de Río Baixo serán substituídos durante os meses de verán para non molestar aos socios na presente temporada deportiva. Tal e como lembrou, a distancia entre filas de butacas vanse incrementar entre 15 e 18 centímetros o que significará moita máis comodidade para os afeccionados. A grada de Marcador, que se licitará “de forma inmediata”, unha vez rematados algunhas cuestións técnicas, incluirá os traballos de substitución das devanditas butacas. Durante este encontro, goberno municipal tamén se comprometeu a acondicionar un local para as Peñas nos baixos de Tribuna.

O rexedor rematou recalcando “o total acordo” co que se desenvolveu o encontro e avanzou o envío ao Celta da previsión de remodelación de Río Baixo para que poidan reubicar aos aboados.

Comentar noticia

Your email address will not be published.