Os Bolechas visitan Vigo SeaFest co gallo da presentación do libro “Os Bolechas comen peixe”

Decenas de familias acompañan os famosos bonecos de Pepe Carreiro nun pasarrúas polo recinto de Vigo SeaFest.
Por o 08/07/2018 | Sección: Eventos,Galicia,Vigo
Os Bolechas visitan Vigo SeaFest co gallo da presentación do libro “Os Bolechas comen peixe”
Compartir en:

Os famosos bonecos creados por Pepe Carreiro visitaron hoxe pola máñá o Festival ARVI do Peixe, Vigo SeaFest e, seguidos de decenas de nenos e nenas, acompañados dos seus pais, protagonizaron a presentación do libro “Os Bolechas comen peixe”, editado por Bolanda co patrocinio do Fondo Europeo Marítimo y de Pesca (FEMP), a Consellería do Mar, da Xunta de Galicia, e a OPPF-4.

No seu percorrido Os Bolechas detivéronse no expositor de ANASOL, onde os nenos e nenas poideron ver peixe fresco.

Un dos obxectivos do festival Vigo SeaFest é a promoción dos beneficios do consumo de pescado e a importancia da proteína do pescado para a saúde. Neste contexto, a visita dos famosos bonecos ten por obxectivo transmitir aos nenos e nenas a importancia da presenza do peixe na súa dieta, así como coñecementos sobre as distintas especies.

A OPPF-4 abrague barcos que, en distintas modalidades de pesca, dedican a súa actividade a capturas de peixe fresco. As principais especies que captura a frota que pertence a esta Organización de Produtores son a merluza, o gallo, o rape, a palometa, o pez espada, a sardiña e a xarda. Os barcos da OPPF-4 faenan en caladeros da UE, augas internacionais do Atlántico e litoral español.

Vigo SeaFest, que durante todo o día mantén abertos os seus 18 postos de cocina de autor, con receitas que poñen en valor outras trantas especies que capturan as frotas que desembarcan no porto de Vigo, remata hoxe cos concertos de Patricia Moon e Aurora & The Betrayers.