Os bombeiros acoden a Salvaterra de Miño para liberar a unha condutora atrapada entre o seu coche e unha columna

Publicado por o día 15/02/2020 na sección de Sucesos

Os bombeiros acoden a Salvaterra de Miño para liberar a unha condutora atrapada entre o seu coche e unha columna

Os bombeiros acudiron onte á tarde a Salvaterra de Miño para liberar a unha condutora que quedou atrapada entre o seu coche e a columna do portal.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o vehículo moveuse en punto morto cando a muller estaba a pé a cabalo do vehículo, o que provocou que lle quedara a perna atrapada.

Por iso, foi necesaria a intervención dos Bombeiros do Baixo Miño para liberar á afectada e facilitar a asistencia por parte dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Neste operativo, que foi activado tras a chamada dunha persoa particular ao 112 Galicia preto das oito da tarde de onte, contou, ademais, coa colaboración dos axentes da Policía Local e dos efectivos do Parque de Bombeiros-GES de Ponteareas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.