Os bombeiros axudan a un condutor que caeu co seu vehículo por un terraplén en Cenlle

Publicado por o día 01/11/2018 na sección de Sucesos

Os bombeiros axudan a un condutor que caeu co seu vehículo por un terraplén en Cenlle

Un vehículo caeu por un terraplén e o condutor necesitou axuda para alcanzar a estrada e ser atendido polos servizos sanitarios de urxencia,

Ocorreu ás 10:45 horas na estrada de Cuñas a San Lourenzo, dentro do termo municipal de Cenlle.

Foi un veciño quen chamou ao 112 Galicia para pedir axuda por o ocupante do vehículo que pedía auxilios desde o fondo do terraplén. Así, desde o 112 Galicia, solicitouse a colaboración dos Bombeiros do Carballiño e dos membros do GES de Ribadavia para traballar conxuntamente cos servizos sanitarios no traslado do ferido desde o fondo do terraplén a onde agardaba a ambulancia.

Finalmente, puido ser evacuado ao centro hospitalario de referencia.

Camión envorcado en Vilasantar

Por outra banda, un camión cargado con conxelados envorcou cando circulaba pola N-634, ao paso por Barbeito, en Vilasantar. Pese aos danos rexistrados no vehículo, o condutor e ocupante puideron saír polos seus propios medios.

Desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos Bombeiros de Arzúa e dos membros do GES de Curtis, ademais das forzas da orde e dos servizos sanitarios de urxencia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.