Os bombeiros excarceran a un home atrapado despois de colidir dous vehículos en Arteixo

Publicado por o día 23/08/2020 na sección de Sucesos

Os bombeiros excarceran a un home atrapado despois de colidir dous vehículos en Arteixo

Os bombeiros tiveron que intervir para liberar a un home atrapado nun vehículo tras colidir contra unha furgoneta na AC-552, no punto quilométrico 8, en Arteixo.

O accidente produciuse na rotonda do Polígono de Sabón, lugar onde acudiron os servizos de emerxencias para excarcerar ao condutor do turismo que quedara atrapado no seu interior.

Deste xeito, os dous únicos ocupantes de cada vehículo, conscientes en todo momento, puideron ser atendida polos profesionais sanitarios, que acudiron ao lugar do suceso. Este operativo activouse cando faltaban quince minutos para a medianoite de hoxe tras recibir o 112 Galicia a chamada de alerta de varios usuarios da vía para solicitar asistencia médica urxente para a persoa atrapada.

Pola súa banda, o persoal de Emerxencias 112 Galicia solicitou a intervención dos profesionais sanitarios, dos Bombeiros de Xinzo e pediu a colaboración dos membros de Protección Civil da localidade. Tamén contaron coa axuda dos axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Coche envorcado en Sanxenxo

Por outra banda, xusto á medianoite, outro accidente en Sanxenxo obrigou a intervir aos bombeiros. Neste caso, tratouse dun coche que envorcou despois de bater contra outro cando circulaban pola Rúa Palacios, na parroquia de Padriñán.

Foi a medianoite horas cando varias persoas particulares alertaban ao 112 Galicia dun accidente con dous vehículos implicados e un deles envorcado. Indicaban, ademais, que malia o impacto as persoas estaban liberadas e accesibles.

Así, con estes datos, os xestores de emerxencias de 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do persoal sanitario, que unha vez no lugar atenderon aos feridos do accidente. Así mesmo, solicitouse a intervención dos Bombeiros de Ribadumia, dos membros do GES de Sanxenxo, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, que decontado se desprazaron ao punto.

Comentar noticia

Your email address will not be published.