Unha muller quedou atrapada nun vehículo envorcado na estrada de Santa Cruz a Outeiro, no concello de Chantada.
Para liberar á muller, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos Bombeiros de Chantada, aínda que a ferida estivo en todo momento consciente e as lesións que presentaba eran de carácter leve.
Sen embargo, a posición na que quedou o vehículo, medio ladeado, obrigou a intervir ao equipo de excarceración.
O accidente produciuse ás 15:10 horas de hoxe.
Noticias de última hora en Vigo