Os bombeiros liberan a unha persoa atrapada nun vehículo envorcado na A-52, na Cañiza

Publicado por o día 25/07/2020 na sección de Sucesos

Os bombeiros liberan a unha persoa atrapada nun vehículo envorcado na A-52, na Cañiza

Os bombeiros excarceraron esta mañá a unha persoa que quedou atrapada tras envorcar o seu vehículo.

Ocorreu pouco antes das dez na A-52, ao paso pola localidade pontevedresa da Cañiza.

O operativo de rescate do ocupante do vehículo púxose en marcha despois de recibir o 112 Galicia varias chamadas doutros condutores que observaban unha furgoneta envorcada contra a beiravía. Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informou aos membros do GES-Bombeiros de Ponteareas, que procederon a excarcerar á persoa atrapada no interior.

Unha vez fóra do vehículo, o ocupante puido ser atendido polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Comentar noticia

Your email address will not be published.