Os bombeiros liberan ao ocupante dun turismo que quedou atrapado tras un accidente en Narón

Publicado por o día 03/08/2020 na sección de Sucesos

Os bombeiros liberan ao ocupante dun turismo que quedou atrapado tras un accidente en Narón

Os bombeiros liberaron esta mañá ao ocupante dun turismo que quedou atrapado despois de saírse da vía na estrada de Carreira a San Sadurniño, ao paso por Narón.

Segundo a información recibida no 112 Galicia, o sinistro produciuse pouco antes das nove desta mañá e ao punto acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para atender ao ferido en canto foi rescatado do interior do vehículo.

Por iso, tamén foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Narón e dos axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local.

Comentar noticia

Your email address will not be published.