Os bombeiros liberan ao ocupante dun turismo que se saíu da vía na AP-9, en Pontevedra

Publicado por o día 07/05/2019 na sección de Galicia,Pontevedra,Sucesos

Os bombeiros liberan ao ocupante dun turismo que se saíu da vía na AP-9, en Pontevedra

Unha persoa quedou atrapada no interior dun turismo que se saíu da vía cando circulaba pola AP-9, en sentido norte, ao paso por Pontevedra.

Cando foi liberado polos bombeiros, o único ocupante do vehículo recibiu asistencia médica e mesmo foi evacuado ao hospital de referencia.

Este sinistro rexistrouse no 112 Galicia pasadas as cinco desta tarde, cando varios condutores contactaron co centro de emerxencias para dar conta dun coche envorcado fóra da vía á altura de Salcedo (quilómetro 135). Ante a posibilidade de que houbese alguén atrapado, os xestores do 112 Galicia pediron a colaboración dos Bombeiros de Pontevedra para, finalmente, liberar ao único ocupante do vehículo.

Unha vez fóra do coche, o ferido recibiu asistencia médica e mesmo foi evacuado ao hospital de referencia por unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias.

Nas tarefas de control e seguridade do tráfico, traballaron os axentes da Garda Civil.

Comentar noticia

Your email address will not be published.