Os bombeiros liberan dun coche a un neno que quedou encerrado en Samil

Por o 12/06/2019 | Sección: Galicia,Sucesos,Vigo
Os bombeiros liberan dun coche a un neno que quedou encerrado en Samil
Compartir en:
Na tarde de onte, sobre as 18:04 horas a Policia Local recibiu unha chamada mediante a cal se informaba de que había un neno na zona de Samil no interior dun vehículo no que quedaran as chaves dentro, co que non se podía sacar do mesmo.
 
Unha vez no punto a Unidade Policial atopáronse coa nai do menor, que como non podía ser doutra maneira estaba moi nerviosa constando que o vehículo estaba á sombra decidíndose non romper o portelo para sacar ao menor.
 
Para ese efecto optouse por solicitar a presenza dunha dotación de bombeiros que se acudiron cunha ferramenta especial conseguindo abrir a porta, tras o cal comprobouse que o neno non precisaba asistencia médica quedando esta cuestión nun pequeno susto.

Comentar noticia

Your email address will not be published.