Os bombeiros de Ponteareas sofocan un incendio nunha vivenda na rúa Fermín Bouza Brey

Publicado por o día 17/01/2018 na sección de Galicia,Ponteareas

Os bombeiros de Ponteareas sofocan un incendio nunha vivenda na rúa Fermín Bouza Brey

Dúas dotacións do parque de bombeiros do Concello de Ponteareas acudiron hoxe pola mañá a un edificio da rúa Fermín Bouza Brey ao ser alertados por un veciño que vía sair fume pola ventá dunha vivenda da primeira planta.

A súa chegada os bombeiros localizaron a vivenda da que procedía o fume, unha vez dentro constataron que non había persoas pero si tres cans e inmediatamente localizouse aos propietarios. Os bombeiros sofocaron o incendio e procederon a ventilar a vivenda na que afortunadamente tan só se víu afectada unha habitación que ardeu por completo.

Os bombeiros investigan agora as causas do incendio e recomendan pechar sempre as portas de cada habitación para evitar danos maiores como neste caso que ao estar pechada o resto da vivenda non sufríu danos.

Pechar as portas de cada habitáculo cando un se ausenta e non sobrecargar os enchufes son algunhas das recomendacións que aportan os bombeiros de Ponteareas para evitar este tipo de sucesos.

Unha das dotacións que se atopaban neste emprazamento tivo que trasladarse á N-120 á altura do Barral para sofocar un incendio producido nun contedor de lixo orgánico.

A Concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, agradece a rápida intervención do equipo de bombeiros.