Os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Santa Comba puideron recuperar con vida a cinco das sete vacas que caeron a pasada tarde nun pozo de xurro ao romper a viga do seu peche.
Sucedeu no lugar do Ribeiro, na parroquia de Mallón, ao fío das 19:10 horas.
Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para alertar do ocorrido e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros de Santa Comba, á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.