Un home resulta ferido despois de caer nun regato en Vigo.
Sobre as 22:00 horas da noite pasada, unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia para pedir axuda. Informaba dun home caído nun regato que pedía auxilio, moi preto da Asociación de Veciños de Matamá, na rúa Castro.
Tras informar ao 061-Urxencias Sanitarias, axiña os profesionais sanitarios solicitaron axuda ao 112 para rescatar ao varón que se atopaba nunha zona de difícil acceso.
Así, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) solicitouse a colaboración dos Bombeiros da cidade e da Policía Local. Nada mais ser rescatado, os Bombeiros confirmaron o trasladado do home en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.
Noticias de última hora en Vigo