Os bombeiros rescatan a un veciño de Zas que subiu ao tellado para apagar un lume na cheminea

Publicado por o día 24/01/2020 na sección de Sucesos

Os bombeiros rescatan a un veciño de Zas que subiu ao tellado para apagar un lume na cheminea

Os bombeiros rescataron a noite de onte a un veciño de Zas que subiu ao tellado para sufocar un lume na cheminea.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o home accedeu á parte alta da casa para apagar o incendio, pero despois non era quen de baixar. Por iso, á súa chegada, os Bombeiros de Santa Comba deberon rescatar ao veciño, xa que o lume conseguira extinguilo cunha mangueira.

Todo comezou ás 21:00 horas de onte cando unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para pedir axuda por mor dun lume que afectaba á cheminea da veciña. O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitou a intervención dos Bombeiros de Santa Comba e dos voluntarios de Protección Civil de Zas. Cando chegaron as efectivos de extinción, atoparon o incendio apagado, pero tiveron que rescatar ao propietario da vivenda que subira ao tellado para atallar as chamas cunha mangueira.