Os Bombeiros de Ferrol rescataron a pasada noite a unha muller que resultou ferida ao caer nunha zona de difícil acceso preto da fervenza do Río Belelle, en Fene.
Segundo puido saber o 112 Galicia, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendio e Salvamento de Ferrol empregaron unha padiola ríxida para levar á muller ferida ata a ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, na que foi posteriormente trasladada a un centro médico.
Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ao fío das 20:40 horas para alertar da situación da muller o que permitiu activar un operativo de rescate no que tamén interviñeron os membros de Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Neda, os axentes da Garda Civil e os efectivos do GES de Mugardos.
Noticias de última hora en Vigo