Os bombeiros tiveron que liberar ao ocupante dun turismo que bateu contra un tráiler en Nogueira de Ramuín

Publicado por o día 17/07/2020 na sección de Sucesos

Os bombeiros tiveron que liberar ao ocupante dun turismo que bateu contra un tráiler en Nogueira de Ramuín

Os bombeiros liberaron a noite pasada ao ocupante dun turismo que bateu cun tráiler na N-120, ao paso por Nogueira de Ramuín.

No coche viaxaba outra persoa máis, que, malia estar liberada e accesible, necesitou asistencia médica.

En total, foron dous os feridos nesta colisión na que se viron implicados un turismo e un tráiler, tal e como informou unha persoa particular a través do 112 Galicia. O sinistro rexistrouse ás 20:30 horas de onte, na N-120, a dous quilómetros dos Peares. Alí acudiu un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a bordo do helicóptero con base en Ourense para atender aos feridos o antes posible. De feito, foi necesario interromper o tráfico momentaneamente para facilitar a aterraxe da aeronave.

Para iso, foi necesaria a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico, ademais dos Bombeiros do Polígono de San Cibrao das Viñas, que, xunto cos membros do GES de Pereiro de Aguiar, procederon a excarcerar a un dos ocupantes do turismo, atrapado no interior.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.