Os bombeiros traballan na extinción dun incendio declarado no interior dunha vivenda en Miño

Publicado por o día 26/10/2018 na sección de Sucesos

Os bombeiros traballan na extinción dun incendio declarado no interior dunha vivenda en Miño

Os bombeiros traballan arestora na extinción dun incendio declarado no interior dunha vivenda situada no lugar de Anido, en Miño.

Os ocupantes saíron da casa polos seus propios medios e, pese ao nerviosismo creado pola situación, atópanse en bo estado de saúde.

Foi precisamente a familia quen ás 10:50 horas de hoxe se puxo en contacto co 112 Galicia para informar dun lume iniciado na primeira planta da casa. A partir de aí, activouse un operativo no que, ademais dos bombeiros, participan os axentes da Policía Local e os servizos sanitarios de urxencia por precaución.

Neste intre, os recursos de emerxencias proseguen cos traballos de extinción.