Os candidatos de En Marea colaboran na rexeneración do monte do Galiñeiro

Publicado por o día 27/04/2019 na sección de En Marea,Galicia,Política

Os candidatos de En Marea colaboran na rexeneración do monte do Galiñeiro

Luís Villares, voceiro de En Marea, Ana Seijas, Iris Malvido, Cristina Pérez Herraiz e Iván Olmos visitaron o monte do Galiñeiro durante a xornada de reflexión. Iris Malvido fixo un recoñecemento ao proceso de rexeneración do monte tralos incendios do ano pasado “con árbores que paran os lumes e permiten un desenvolvemento multifuncional do monte e outro tipo de xestión polo que apostamos dende En Marea”.

Luís Villares agradeceu á comunidade de Montes de Vincios a invitación a contribuir “na rexeneración dun monte que forma parte da paisaxe e das nosas vidas” e indicou que durante o día de hoxe farán un roteiro e descansarán “para tomar folgos para o día de mañá”.