Os candidatos e candidatas galegos de Máis País – Equo rendiron homenaxe no Panteón dos Galegos Ilustres a Rosalía e a Castelao

Publicado por o día 01/11/2019 na sección de Máis País- EQUO,Política

Os candidatos e candidatas galegos de Máis País – Equo rendiron homenaxe no Panteón dos Galegos Ilustres a Rosalía e a Castelao

Hoxe, nunha campaña electoral atípica e coincidente con festividades de gran arraigo, os candidatos e candidatas galegos de Máis País – Equo, rendiron un homenaxe no Panteón dos Galegos Ilustres en Santiago a Rosalía e a Castelao. “Para nós, os galegos ilustres, non son só os poetas ou os escritores, a xente das Universidades, tamén as que labraron a terra, as que prantaron árbores, as que fixeron carreteras e pontes, surcaron os mares, as que nos deron de comer, as mans que nos coidaron de nenos, na enfermidade e na vellez, as que puxeron por escrito a nosa historia, lingua e cultura, todas aquelas que coas súas mans e co seu esforzo fan país, construiron Galicia, esta terra e esa xente tan fermosa pola que nos presentamos nestas eleccións” manifestaron.