Os casos activos de covid-19 en Galicia baixan e atenúase a presión asistencia

Galicia rexistra un total de 8.978 casos activos por coronavirus
Publicado por o día 21/11/2020 na sección de Coronavirus,Galicia,Salud,Sanidad

Os casos activos de covid-19 en Galicia baixan e atenúase a presión asistencia

O Sergas notifica con datos do venres ás 18:00 horas que Galicia baixa outra vez da barreira dos 9.000 casos activos de coronavirus, que se sitúan así en 8.978, cunha redución de 108 sobre as cifras da véspera.

A explicación está na caída á súa vez dos contaxios diagnosticados por PCR nas últimas 24 horas, que son 561, un descenso notable de 124 infeccións menos. Realizáronse 7.089 PCR na última xornada. As 677 altas deixan este saldo favorable dos casos activos, que se reducen desde o pico do 7 de novembro, cando entraron en vigor as restricións máis duras.

A presión asistencial mitígase con 96 pacientes en UCI, un menos, e 438 hospitalizados en planta, cun descenso máis notable con 34 enfermos menos. Tamén hai 73 persoas menos en seguimento domiciliario.

Pola contra, a outra cara da situación é a dos falecidos, co rexistro de 1.132 mortes, despois de que Sanidade informara o venres de 13 decesos máis.

Comentar noticia

Your email address will not be published.