Os catro grupos do Parlamento de Galicia dan o seu apoio á Plataforma Polo Comercio Local Non a Porto Cabral de Vigo e a súa área

Unha representación de membros da Plataforma reúnese no Parlamento con PP, PSOE, BNG e En Marea.
Publicado por o día 09/12/2017 na sección de BNG,En Marea,Galicia,Partido Popular,Política,PSOE,Vigo,Xunta de Galicia

Os catro grupos do Parlamento de Galicia dan o seu apoio á Plataforma Polo Comercio Local Non a Porto Cabral de Vigo e a súa área

A totalidade dos grupos do Parlamento de Galicia xa coñecen os plantexamentos da recién creada Plataforma polo Comercio Local – Non a Porto Cabral, que aglutina ao 90% de comercio de Vigo e a súa área de influencia. En xeral transmitiron o seu apoio as posicións deste colectivo.

Portavoces desta plataforma, representando ás asociacións viguesas de Príncipe, O Calvario (Aceca) e Travesas (Aetravi), e polos concellos veciños a Asociación de Empresas de Rendondela (AER), mantiveron esta semana unha ronda de reunións no Parlamento de Galicia. Primeiro cos responsables de En Marea, co seu portavoz Luis Villares ao frente; tamén có BNG e a súa voceira, Ana Pontón; con membros do grupo parlamentaio do PP (a viguesa Teresa Egerique e o diputado redondelán José Alberto Pazos); e por último có vigués Abel Losada, representando o PSdG-PSOE.

A todos se lles informou do que a implantación deste macrocentro suporía para o sector, a destrucción de miles de empregos, un pasa atrás no desenrrolo sustentable de Vigo, ademais de ir en contra do modelo de cidade e consumo que o comercio local ven defendendo desde hai anos. Por iso se lles pediu aos grupos parlamentarios galegos que non apoien ningún tipo de iniciativa que poida dar luz verde a este proxecto. PP, BNG e En Marea comunicaron que están nesa liña, mentras que o socialista Abel Losada, que falou a nivel persoal, dixo que apoia aos comerciantes pero que será o partido quen decida qué facer neste tema, algo que non teñen aínda decidido.

Tamén explicaron aos membros da plataforma que a presentación de 70.000 firmas a favor de Porto Cabral non ten, a nivel parlamentario, ningún tipo de validez.

O comercio local reúne a uns 20.000 negocios en Vigo e a súa área que dan traballo a 30.000 persoas. O sector supón un peso no PIB provincial do 5,1%.