Os centros de día e residencias do Val Miñor celebran o entroido no auditorio municipal de Nigrán

Publicado por o día 06/03/2019 na sección de Galicia,Nigrán

Os centros de día e residencias do Val Miñor celebran o entroido no auditorio municipal de Nigrán

Preto dun cento de usuarios dos centros de día e residencias do Val Miñor festexaron esta mañá o seu propio entroido no Auditorio Municipal de Nigrán, como ven sendo habitual ano a ano. Cada centro conformou cadansúa comparsa e interpretou unha canción ou parodia nunha xornada presentada por usuarios do Centro Juan María de Parada.

A deliberación do xurado deixou como primeiro clasificado ao Centro de Día ‘Botando unha man’ de Nigrán coa súa comparsa ‘Guapos e guapas do Val Miñor’. Os segundos clasificados resultaron ‘O Celta Senior’, da residencia Vila do Conde (Gondomar); e terceiros os ‘Pintores’, de Bellavista Care (Nigrán). O resto das comparsas foron Residencia Bo Día con ‘Chegan os doutores’ e o Centro de Día Mancomunado do Val Miñor con ‘Ata o carballo’. Houbo tantas comparsas como premios repartidos.