Os centros de ensino da Consellería do Mar ofertan máis de 40 cursos de formación marítima e de mergullo ata finais de ano

Desta formación poderán beneficiarse arredor de 650 persoas
📣 Publicado por el 14/09/2019 en la sección de Formación - Galicia - Mar - Vigo

Os centros de ensino da Consellería do Mar ofertan máis de 40 cursos de formación marítima e de mergullo ata finais de ano

A Consellería do Mar oferta ata finais deste ano máis de 40 cursos de formación marítima e de mergullo a través dos seus centros de ensino, que son a Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira, a de Ferrol, o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) e o Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo. Esta formación realízase atendendo ás necesidades do sector e a través dela poderán formarse arredor de 650 persoas.

Dos 44 cursos que se ofertan ata finais de ano, 11 son de mariñeiro pescador, seis de patrón costeiro polivalente e un de capitán de pesca. Tamén hai tres de percebeiro, sete de mariscador, un de mergullo, seis relacionados cos primeiros auxilios no mergullo e actualizacións nesta materia, dous de habilidades sociais e comunicación, un de emprendemento para a creación dunha empresa e outros tres serán dalgunha destas dúas últimas materias en función das matrículas presentadas.

Para estes cursos a matrícula está aberta ata completar a oferta e as persoas interesadas poderán consultar en cada un dos centros a dispoñibilidade de prazas. Outros cursos que se ofertan dentro dos 44 son tres de mariñeiro pescador na modalidade online, para os que a matrícula xa está pechada.

En canto ao resto do curso, xa o ano que vén, a Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira prevé unha oferta de 15 cursos, entre eles de mariscador, mariñeiro pescador presencial e online, habilidades sociais e da comunicación, formación sanitaria e emprendemento, entre outros. O Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro de Vigo prevé ofertar para o ano que vén 20 cursos, entre eles de mariñeiro pescador presencial e online, de percebeiro, mariscador, e relacionados coas habilidades sociais e o emprendemento.

Mentres, o Igafa e a EONP de Ferrol irán programando este tipo de formación do ano que vén segundo avance o curso. Esta formación súmase á que se imparte en distintos portos do litoral de Galicia e á formación regrada dos centros dependentes da Consellería do Mar.

A oferta de cursos

Comentar noticia

Your email address will not be published.