Os centros de saúde e puntos de atención continuada da área sanitaria de Vigo incrementarán o seu persoal con 20 novas prazas

Estas 20 prazas súmanse as 8 creadas nos últimos meses na atención primaria, o que supón o maior incremento de persoal nos últimos anos, con previsión de crecemento tamén no ano 2021
Publicado por o día 11/01/2020 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

Os centros de saúde e puntos de atención continuada da área sanitaria de Vigo incrementarán o seu persoal con 20 novas prazas

A xerencia da Área Sanitaria de Vigo ven de informar aos representantes do persoal da Comisión de Atención Primaria e da Xunta de Persoal da próxima incorporación de 20 efectivos na atención primaria viguesa.

Así, en próximas datas vanse incorporar 7 especialistas de medicina familiar e comunitaria nos centros de saúde e Puntos de Atención Continuada (PAC). Ademais, increméntase o cadro de persoal con 2 pediatras, 6 profesionais da enfermería, 3 especialistas de enfermería obstétrica (matronas e matróns) e 2 fisioterapeutas, o que suporá un importante avance cara a mellorar os ratios de Tarxetas Individuais Sanitarias (TIS) entre os profesionais de primaria.

Nestes momentos estase planificando o seu destino, tras escoitar as necesidades planteadas polos profesionais deste nivel asistencial e atendendo ao número de TIS e ratios poboacionais, así como ás dispoñibilidades de estructura nos edificios sanitarios.

Con estas novas prazas xa son 28 as creadas para incrementar os recursos humanos da atención primaria viguesa. Hai que recordar que no último trimestre do pasado ano xa incorporáronse 8 novos efectivos: 2 fisioterapeutas, 3 especialistas de medicina familiar e 3 de enfermería.

Maior estabilización do persoal

Estas medidas de persoal veñen a sumarse á recente estabilización de prazas con 30 especialistas de medicina familiar e comunitaria incorporados tras superar as oposicións. Ademais dos nomeamentos de persoal estable para cubrir ausencias nos centros de saúde. Actualmente están vixentes 6 contratos de continuidade de 1 ano e van a ofertarse outros 5.

Neste eido, hai unha maior estabilización do persoal tras os concursos de mobilidade pero ademais se teñen dotado prazas de enfermería especialista de familiar e comunitaria e pediatría.

No ámbito da Atención Primaria, nos últimos meses tamén adoptáronse moitas outras medidas de carácter organizativo e asistencial, entre as que pódese destacar a incorporación de procedementos de atención a demanda urxente como a triaxe de enfermería na maior parte dos centros de saúde, ou a recente posta en marcha do proxecto CANLES con mais de 40 teléfonos de especialistas postos a disposición do persoal médico de atención primaria.

No marco do Plan Galego de Atención Primaria téñense feito importantes investimentos de novo material, mobiliario, e equipamento. Entre as novas infraestruturas, subliñar os novos centros de saúde de Gondomar, as reformas de Pazos de Borbén, o centro de saúde de Salceda – actualmente en construción-, así como os proxectos dos novos centros de saúde de Bouzas ou o Centro Integral Olimpia Valencia, nas sedes do Xulgados.

Todas estas medidas veñen a avalar o compromiso da Consellería de Sanidade coa Atención Primaria.

Comentar noticia

Your email address will not be published.