Os coches clásicos, novidade nunha Cabalgata de Reis de Ponte Caldelas con máis público que nunca

Por o 07/01/2019 | Sección: Galicia,Ponte Caldelas
Os coches clásicos, novidade nunha Cabalgata de Reis de Ponte Caldelas con máis público que nunca

O municipio de Ponte Caldelas celebrou onte a súa Cabalgata de Reis cun gran éxito de asistencia de público. O bo tempo e o aliciente da introdución este ano dunha comitiva de vehículos clásicos, pertencentes ao Club AVA de Pontevedra, animaron á participación.

A Cabalgata partiu pasadas as 18.30 e percorreu o centro do pobo para rematar na renovada praza de España, onde o fin de festa celebrouse na gran carpa instalada polo Concello. Os Reis Magos recibiron alí aos nenos/as e deron paso a unha tarde con animación musical. Ademais, serviuse chocolate quente con rosca de xeito gratuíto.

A Cabalgata, organizada en colaboración entre a asociación de comerciantes Coempo e o Concello, contou con catro carrozas, unha delas con motivos de Disney.

Comentar noticia

Your email address will not be published.