Os coleccionistas de vitorias

Publicado por o día 01/03/2020 na sección de Deportes,Fútbol Sala,Galicia,Redondela

Os coleccionistas de vitorias

O sénior masculino con un total de 135 goles a favor vive a súa tempada máis emocionante. Neste fin de semana recibía ao único rival que foi capaz de conseguir na primeira volta un empate ante os de Chapela.

Un Arealonga FS – Construcciones Castro motivado e imparable saíu a polo triunfo dende o primeiro minuto dun encontro caracterizado pola seriedade, a precisión e a intensidade, conseguindo romper ese primeiro empate na ida alcanzando así a vitoria de 2 goles a 0.

Tras o partido, falamos co seu adestrador o cal afirma: “vitoria luchada que nos asegura la continuación como líderes en la tabla con un total de 49 puntos”; éste tamén aproveita para dar “la enhorabuena a todos los jugadores por su esfuerzo y compromiso” animándoos a falta de tan só seis partidos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.