Os colexios de Chapela e o Arealonga FS camiñan cara a unha nova normalidade

Publicado por o día 06/10/2020 na sección de Fútbol Sala,Galicia,Redondela

Os colexios de Chapela e o Arealonga FS camiñan cara a unha nova normalidade

O Arealonga FS retomou os seus adestramentos no Pavillón Municipal de Chapela “Manuel González Soto”, cumprindo os protocolos sanitarios. Iván J. Vázquez, presidente e coordinador deportivo, reuniuse cos responsables dos centros escolares da zona: CEIP Alexandre Bóveda, CEIP Igrexa e CEIP Laredo, resaltando o esforzo e a importancia do difícil comezo do curso escolar debido á situación sanitaria actual.

O coordinador deportivo, destaca a importancia de que a educación e o deporte vaian sempre da man, como veñen realizando desde fai quince anos cos centros escolares da parroquia. Por iso, o club decidiu entregar un obsequio a cada un destes centros.

Iván J. Vázquez, quixo formar parte dunha charla formativa, no CEIP Laredo, berce do club; transmitindo os valores que ofrece o deporte e resaltando a igualdade, o respecto e o compañeirismo. Este centro educativo, xunto co CEIP Alexandre Bóveda, achegan unha gran parte do plantilla base do club. Aqueles niñxs interesados en sumarse ao noso proxecto social – deportivo, aínda poden facelo no teléfono 662.111.339 ou a través da rede social de Facebook.

Comentar noticia

Your email address will not be published.