Os Colexios de Xornalistas de España piden ao ministro de Xustiza a creación do Consello Xeral

O decano do Colexio de Murcia, Juan Antonio de Heras, en nome do resto de órganos colexiais, lembroulle a Rafael Catalá a importancia de impulsar o Consello Xeral para dotar aos Colexios de Xornalistas de ferramentas legais no seu ámbito profesional.
Publicado por o día 26/02/2018 na sección de Social

Os Colexios de Xornalistas de España piden ao ministro de Xustiza a creación do Consello Xeral

O xoves, 22 de febreiro, o decano do Colegio de Periodistas de la Región de Murcia, Juan Antonio De Heras, trasladoulle ao ministro de Xustiza, Rafael Catalá, a petición unánime de todos os órganos colexiais do ramo en España, a necesidade de crear o Consello Xeral de Colexios de Xornalistas. Fíxoo no XXV aniversario do Código Deontolóxico da Profesión Xornalística que se celebrou onte en Madrid e que o ministro clausuraba.

Así mesmo, De Heras lembroulle a Catalá que os Colexios de Xornalistas de España, como corporacións de dereito público, solicitaron en reiteradas ocasións e de xeito unánime ao Goberno que tramite a Lei de Creación, dada a importancia que o Consello Xeral de Colexios ten para dotalos de ferramentas legais suficientes para actuar no marco que lles corresponde dentro da profesión.

Os Colexios de Xornalistas son xa unha realidade en Cataluña, Galicia, Murcia, Andalucía, País Vasco, A Rioxa, Castela e León, Asturias, Navarra e estanse tramitando os de Aragón, Cantabria e Canarias. O seu nacemento conta co respaldo da FAPE (Federación de Asociacións da Prensa de España).

En realidade, a lei 2/1974, de 13 de febreiro, sobre Colexios Profesionais, determina no seu artigo cuarto que “cando estean constituídos varios Colexios da mesma profesión de ámbito inferior ao nacional, existirá un Consello Xeral”. Actualmente son nove os Colexios xa constituídos e tres en trámites de facelo.

Os Colexios Profesionais de Xornalismo de España cren que chegou o momento de que o Consello Xeral sexa unha realidade para poder actuar en consecuencia como corporacións de dereito público con funcións non só no marco da profesión, senón tamén con ocupacións de interese xeral para a sociedade española.

COL•LEGI DE PERIODISTES DE CATALUNYA
COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA
COLEGIO OFICIAL DE PERIODISTAS DE LA REGIÓN DE MURCIA
COLEGIO PROFESIONAL DE PERIODISTAS DE ANDALUCÍA
COLEGIO VASCO DE PERIODISTAS-KAZETARIEN EUSKAL ELKARGOA
COLEGIO PROFESIONAL DE PERIODISTAS DE LA RIOJA
COLEGIO PROFESIONAL DE PERIODISTAS DE CASTILLA Y LEÓN
COLEGIO PROFESIONAL DE PERIODISTAS DE ASTURIAS
COLEGIO NAVARRO DE PERIODISTAS / NAFARROAKO KAZETARIEN ELKARGOA