Os Comuneiros de Cabral opostos a PORTO CABRAL interpoñen demanda xudicial contra as contas e xestión da Xunta Directiva da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Cabral

Publicado por o día 05/02/2014 na sección de Vigo

Os Comuneiros de Cabral opostos a PORTO CABRAL interpoñen demanda xudicial contra as contas e xestión da Xunta Directiva da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Cabral

Os Comuneiros de Cabral que se opoñen ao proxecto de PORTO CABRAL presentarán mañá xoves, 6 de febreiro, ás 11 h., demanda xudicial contra as contas e a xestión da Xunta Directiva da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Cabral.

Este grupo opositor conta con douscentos setenta e seis (276) firmas de Comuneiros que asistiron á Asemblea Xeral celebrada o 1 de decembro de 2013 e votaron en contra das contas, balance e xestión do ano 2012 e 2013 presentadas pola Xunta Directiva. É dicir, a maioría dos 520 asistentes á devandita Asemblea. A pesar do cal o Presidente da Comunidade declarou aprobadas as súas contas e xestión, desprezando a vontade maioritaria de la Asemblea Comunal.

Os Comuneiros tamén interpón acción xudicial contra o escurantismo e falta de transparencia da Xunta Directiva, que se negou a informar sobre as operacións inmobiliarias e gastos que realizou durante os dous últimos exercicios. Dende o un de xaneiro do ano 2012 a o 30 de setembro de 2013 a Xunta Directiva da Comunidade de Montes Veciñais de Cabral comprou terreos por valor de 2.171.959,58 euros, pero négase a xustificar onde, a quen, para que e a que prezo comprou. Ademais, realizou estas operacións sen contar coa autorización previa da Xunta de Galicia ni co visto e prace dos Comuneiros, esixidos pola lexislación de montes.

Durante o ano 2013 la Xunta Directiva incorreu nun déficit de máis de 2.000.000 de euros, superando nun 175% o que a propia Xunta Directiva previra no seu Orzamento presentado á Asemblea Xeral de Comuneiros o 21 de abril de 2013.

Os Comuneiros opositores acusan á Xunta Directiva de irregularidades contables, porque aprobou as contas do exercicio 2013 antes de que finalizase o exercicio, e altera o resultado negativo disfrazando como supostos investimentos o que, en realidade, non é máis que gasto e dilapidación.

Os Comuneiros demandantes imputan todas estas irregularidades á connivencia da Xunta Directiva co proxecto de PORTO CABRAL, dirixida a burlar mediante feitos consumados o rexeitamento maioritario manifestado democraticamente polos Comuneiros. Por iso solicitan o auxilio xudicial, co fin de deter o negocio inmobiliario que a Xunta Directiva está a realizar co monte e patrimonio dos veciños. Esta denuncia, ao igual que todas as accións que se están a levar a cabo, está a supoñer un gasto aos veciños que solidariamente están a se organizar contra dos abusos desta Xunta Reitora; mentres a Xunta Reitora utiliza os cartos da Comunidade no seu propio beneficio e para defenderse co diñeiro que en realidade é de toda veciñanza comuneira e debería ser empregado para defender a integridade do monte veciñal.