Os concellos do BNG comprometidos coa igualdade

“Vivas e Visibles”
Publicado por o día 17/03/2017 na sección de BNG,Galicia,Política,Vigo

Os concellos do BNG comprometidos coa igualdade

Arredor do Día Internacional da Muller o concello de San Sadurniño organiza a vindeira semana diversos actos para conmemorar o 8 de marzo. Entre eles destacamos a presentación do libro “Máis aló do azul e do rosa”, de Ana Torres Jack, previsto para o venres 24 de marzo, ás 18 h, na Casa da Xuventude, un libro no que se explica como previr a desigualdade de xénero e a violencia de machista desde a familia.

Asemade, ao día seguinte, o sábado 25 pola tarde, a Casa da Cultura de San Sadurniño acollerá ademais diversos actos como proxeccións, exposicións, actuacións musicais, … arredor do Día Internacional da Muller para promover a igualdade entre a veciñanza do concello.

“Vivas e Visibles” en Sarria

Vivas e visibles é unha iniciativa das concellarías de Cultura e Igualdade do Concello de Sarria que ten como obxectivo contribuír, desde o eido local, a visibilizar a realidade das mulleres e promover a concienciación cidadá sobre a necesidade dunha igualdade real e efectiva. “Vivas e visibles” aposta por iniciativas culturais e educativas como medios para axitar conciencias e transformar realidade que se desenvolven ao longo de todo estes mes de marzo.

O concello de Ponteceso, cuxo goberno tamén está participado polo BNG, organiza ao longo deste mes diversas xornadas vinculadas ao 8 de marzo, cuxa programación podedes ver a continuación.