Os concellos do distrito forestal Santiago-Meseta Interior reúnense con Medio Rural para enfrontarse aos incendios

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, transmitiulle aos participantes a importancia de prepararse con tempo para a campaña estival
Por o 23/03/2017 | Sección: A Coruña,Galicia,Vigo,Xunta de Galicia
Os concellos do distrito forestal Santiago-Meseta Interior reúnense con Medio Rural para enfrontarse aos incendios
Compartir en:

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou a mañá de onte na reunión de seguimento do convenio de colaboración da Consellería do Medio Rural el os representantes dos 21 concellos do Distrito Forestal III Santiago-Meseta Interior. Trátase dun acordo establecido en 2016, cunha vixencia de tres anos, ata o 2018, e que trata de coordinar e impulsar as accións conxuntas das administracións en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais.

A esta reunión foron convocados os alcaldes ou representantes dos concellos de Ames, Arzúa, Boimorto, Boqueixón, Brión, Cerceda, Frades, Melide, Mesía, Ordes, Oroso, O Pino, Santiso, Sobrado, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra. O convenio ofrece aos concellos tres modalidades de colaboración: a realización de actuacións preventivas mediante tratamentos mecanizados, a disposición de brigadas para a prevención e a defensa contra os incendios, e a incorporación de vehículos motobomba ao despregue de medios na campaña de verán.

Ademais do delegado territorial na Coruña, ao encontro asistiron o xefe territorial de Medio Rural, o xefe do Servizo de Prevención e Defensa contra incendios forestais e o xefe do Distrito Forestal III, co apoio de técnicos do devandito distrito. O de hoxe foi o primeiro dunha serie de encontros que continuarán nos vindeiros días no resto de distritos da provincia. Ovidio Rodeiro convidou aos alcaldes e representantes dos concellos a “manter os ollos ben abertos e a poñer todos os medios dispoñibles ao servizo da prevención”.