Os concertos de Castrelos están a rexistrar “a maior afluencia de público da súa historia”

O alcalde de Vigo avanzou esta mañá que os concertos gratuítos de Castrelos “están a bater todos os récords posibles” de asistencia, tal e como demostra o feito de que se venderan localidades de todas as actuacións -excepto dunha -con niveis de afluencia “incontrovertidos”. Hoxe continúa a programación coa presencia do ex vocalista de Supertramp, Roger Hodgson.
Publicado por o día 29/07/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Os concertos de Castrelos están a rexistrar “a maior afluencia de público da súa historia”

O alcalde de Vigo avanzou esta mañá que os concertos gratuítos de Castrelos “están a bater todos os récords posibles” de asistencia, tal e como demostra o feito de que se venderan localidades de todas as actuacións -excepto dunha -con niveis de afluencia “incontrovertidos”. Hoxe continúa a programación coa presencia do ex vocalista de Supertramp, Roger Hodgson. 

Os concertos de Castrelos deste verán están rexistrando o maior número de afluencia de público da historia, segundo indicou esta mañá o rexedor hoxe luns, o día no que vai actuar Roger Hodgson, outro “extraordinario” espectáculo. Esgotáronse as entradas de todos os concertos -a excepción dun -con niveis de afluencia “incontrovertidos”. En declaracións aos medios, indicou que o 1 de agosto haberá “outro pleno” con Thirty Seconds to Mars, mentres que o venres será a quenda de Vetusta Morla, Xoel López e Furious Monkey House. A última das citas musicais deste verán en Castrelos será o 8 de agosto, de man de David Bisbal.

O rexedor lembrou que ademais mañá arrancan as actuacións infantís, con Chumi Chuma (19,30h), Queenmanía (3 de agosto, 20,00h), O Rei León (5 de agosto, 20,00h), Shrek, o musical (6 de agosto, 20h) e Superwings (7 de agosto, 20h).

Además, o domingo 4 de agosto, chegan a Vigo “Los 40 summer Live”, 22h – na Avenida Castelao – con Ana Mena e Alfred García (OT), Don Patricio, Sinsinati, Bombai, Pol Granch e Mon Band.