Os Coribantes de Buchabade adican unha canción ao ‘Pinjante’ do Castelo Grande de Ponte Caldelas

O Colgante Medieval inspirou unha canción que se incorporará ao novo disco que está a preparar a Banda de Gaitas
Publicado por o día 28/07/2020 na sección de Galicia,Ponte Caldelas

Os Coribantes de Buchabade adican unha canción ao ‘Pinjante’ do Castelo Grande de Ponte Caldelas

As ‘Noites de Terraza’ de Ponte Caldelas acolleron o sábado a actuación da Banda de Gaitas ‘Os Coribantes de Buchabade’ na que presentaron os novos temas que incorporarán ao disco que está a piques de sair. Entre elas, presentaron un tema que ten ó ‘Pinjante’ atopado no Castelo Grande de Ponte Caldelas fai un ano e medio como protagonista.

Baixo o título ‘Cabaleiros e Raíñas’, o tema baséase no achádego do colgante medieval que a nosa veciña Maika Juncal atopou a principios de 2019 no entorno do Castelo Grande, unha zona devastada pola vaga de incendios de 2017. O «pinjante» amosa un cabaleiro armado con escudo e espada en alto e está adornado con alas emplumada. O escudo heráldico está dividido en catro partes nas que se poden ver dous castelos en cor vermella e dous patos negros coas patas e o pico en vermello.

Para o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, “é un orgullo que Ponte Caldelas e os seus achádegos sirvan de inspiración para novas cancións” e agradece a Andrés Lorenzo, director dos Coribantes Buchabade, e a Angel Lale, o presidente da Banda, o seu incesante traballo para que a Banda non deixe de medrar.

Mascarillas ‘Eu Son Ponte Caldelas’

Por outra banda, na actuación do sábado, os Coribantes de Buchabade estrenaron mascarillas co nome da banda e tamén co logotipo ‘EuSonPonteCaldelas’. Os Coribantes sempre levan o nome de Ponte Caldelas alá onde actúan e agora tamén o locen nas obrigatorias mascarillas que deben utilizar nesta nova normalidade.

Comentar noticia

Your email address will not be published.