A praza da Ferraría acolle este sábado, 31 de agosto, a homenaxe ao gaiteiro de musicólogo Perfecto Feijoo a cargo dos Coros Galegos, organizado polo Consello daCultura Galega coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Pontevedra.
A homenaxe comezará ás 13.00 horas e nela participarán Cantigas e Agarimos de Compostela, Coral de ruada de Ourense, Cantigas da Terra da Coruña, Real Coro Toxos e Frores de Ferrol. Pretenden conmemorar a homenaxe feita fai 100 anos a Perfecto Feijoo, fundador do desaparecido coro Aires da Terra, de Pontevedra.
No video pode verse “Perfecto Feijóo e o Rexurdimento da emoción pola Terra”, realizado polo arquiveiro de Cántigas da Terra, Moncho do Orzán, no ano 2009, na conmemoración dos 90 anos daquela grande homenaxe a Perfecto Feijoo, celebrada o 31 de agosto de 1919 en Pontevedra.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.