Os datos do INE confirman en maio a consolidación da “pata económica” do turismo en Vigo

O alcalde cualificou esta mañá de “magníficos” os datos que vén de facer públicos o INE sobre o turismo en Vigo que confirman que as pernoctacións rexistradas en maio son as máis altas desde que hai rexistros oficiais.
Publicado por o día 22/06/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Os datos do INE confirman en maio a consolidación da “pata económica” do turismo en Vigo

Vigo alcanzou o pasado superaron as 65.000 o que supón a mellor cifra desde que hai rexistros do INE e que supoñen un crecemento do 1,48%. O número de estranxeiros subiu nun 3,2% e os nacionais, nun 1%. Respecto dos visitantes, foron 34.395, o segundo mellor rexistro segundo o histórico do INE.

Vigo supón o 32,3% dos visitantes e o 30,15% das pernoctacións da provincia de Pontevedra, mentres que achega o 9% dos visitantes a Galicia e case o 10% das pernoctacións. En opinión de Caballero, estes datos consolidan a “pata económica” do turismo na cidade o que supón unha “magnífica” noticia.