Os deputados de En Marea no Parlamento e no Congreso sumáronse a concentración en apoio aos traballadores esta mañá

En Marea reclama a Extel o mantemento de todos os postos de traballo na Coruña para garantir un servizo de calidade na nosa lingua
Publicado por o día 14/10/2016 na sección de En Marea,Política,Vigo

Os deputados de En Marea no Parlamento e no Congreso sumáronse a concentración en apoio aos traballadores esta mañá

O portavoz de En Marea, Luís Villares, xunto cos deputados e deputadas de En Marea no Parlamento, Antón Sánchez, Luca Chao e Manolo Lago, xunto coa deputada de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, e o deputado Antón Gómez Reino, sumáronse esta mañá a concentración en apoio aos traballadores e traballadoras de Extel na Coruña.

O portavoz de En Marea asegurou que todos os postos de traballo en Extel son necesarios e denunciou o intento por parte da empresa de aproveitarse dunha situación non real alegando un descenso de chamadas irreal. A demanda do servizo pasa tamén por unha atención na nosa lingua que so se pode garantir mantendo os postos de traballo de Extel na Coruña. En Marea traslada así a súa defensa absoluta dos traballadores e as súas reivindicacións e esixir a calidade dos servizo.

Luís Villares animou ao mesmo tempo á cidadanía a esixir unha atención a calidade, que é o noso dereito, e a protestar contra a deslocalización dos servizos que pretende a empresa. Un compromiso e apoio na rúa por parte de En Marea para o que é preciso tamén contar co apoio da cidadanía que ten que deixar claro á empresa que a redución dos postos de traballo na Coruña levará a empresa a ter unha perda de beneficios empresariais xa que de non garantir este servizo na nosa lingua e de calidade fará que os usuarios e usuarias busquen outras empresas que garantan este dereito da cidadanía.